Ainda que recoñecemos totalmente a función de linguaxe universal asumida polo inglés en Internet, o Studio Legale Sutti é decididamente contrario ó “monolingüismo anglosaxón” no campo dos contactos internacionais e dos negocios.
A parte de conlevar un empobrecemento a nivel semántico e de identidade cultural, o uso sistemático e exclusivo do inglés nos contactos entre persoas de diferentes nacionalidades, conleva, de feito, un certo número de inconvintes prácticos, entre outros, e non soamente, a incerteza derivada do uso dun terceiro idioma respecto a ámba-las partes, e a dificultade de discutir sobre institucións e conceptos propios dos sistemas xurídicos de orixe romana, como os da Europa Continental e do Xapón, nunha lingua falada exclusivamente nos países de “common law”.
Tóda-las persoas que non sexan inglesas, australianas, norteamericanas, escocesas, etc., son, polo tanto arengadas a usa-lo seu propio idioma, sempre que sexa factible, nos contactos con mebros do SLS; tendo sempre a posibilidade de falar en italiano, no caso de que se sintan cómodos con ese idioma, ou finalmente nalgunha outra lingua da Europa Continental que sexa coñecida polos interlocutores.
Pódese atopar aquí máis información xeral relativa ó bufete en galego.
No relativo á correspondencia , o bufete está capacitado actualmente para traballar nestes idiomas:
Algúns membros do bufete coñecen tamén o portugués, galego e holandés/flamenco.